20/05/13

No seguinte enlace  http://www.creativacultural.com/castros podedes ver unha guía interactiva dos castros de Galicia e Portugal, necesitades ter instalado o Google Earth (é gratutito) para poder ver en 3D.



06/05/13

A Antiga Roma

Xa que está claro que non podemos ir de excursión de fin de curso a Roma, nos teremos que conformar con este video da Antiga Roma en 3D


05/04/13

15/02/13

Mapa físico de Galicia

Podedes descargar un mapa mudo de Galicia, seleccionade un cos ríos, pinchando na foto

19/01/13

Cicloxénese explosiva

Como levades o paso desta nova cicloxénese explosiva? Chuvia, vento... Aquí vos deixo un gráfico de como se forma unha cicloxénese, neste caso non é deste fin de semana senón a de abril de 2012 pero é semellante